EUGENIO GRANELL: REGRESO DE UN SURREALISTA EXILIADOVinculado ao surrealismo desde os seus comezos pictricos no exilio, o nome de Eugenio F. Granell (A Corua, 1912 Madrid, 2001) forma hoxe parte da historia da arte espaola do sculo XX, e a sa obra est representada nas mellores coleccins artsticas do pas. Pero esta realidade contrasta co enorme descoecemento que o artista sufriu, durante dcadas, na sa propia terra. A pesar dos premios e recoecementos que nos anos 50 e 60 do sculo pasado recibiu no
Shopping security
Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols
product description
Why choose thelockerguy wholesale?
Vinculado ao surrealismo desde os seus comezos pictóricos no exilio, o nome de Eugenio F. Granell (A Coruña, 1912-Madrid, 2001) forma hoxe parte da historia da arte española do século XX, e a súa obra está representada nas mellores coleccións artísticas do país. Pero esta realidade contrasta co enorme descoñecemento que o artista sufriu, durante décadas, na súa propia terra. A pesar dos premios e recoñecementos que -nos anos 50 e 60 do século pasado- recibiu no estranxeiro, a existencia de Eugenio Granell en España pasou desapercibida incluso despois do seu regreso en 1985.
Este libro céntrase precisamente nas circunstancias e vicisitudes vitais deste regreso do exilio. Leremos, ao comezo, cartas cheas de desacougo, grandes dúbidas e amargura, xa que o retorno implicaba soportar un país cuxa ditadura parecía interminable. Despois descubriremos eses firmes apoios que, desde finais do franquismo, comezaron a reivindicar a súa figura (primeiro, Isaac Díaz Pardo, e xa nos oitenta, César A. Molina, entre outros). Un esforzo que culminou en 1995 co nacemento da Fundación Eugenio Granell en Compostela, cidade onde vivira os anos indeleble da súa infancia e mocidade.
Estamos ante un traballo rigoroso, profundamente documentado, entretido e ilustrado con oitenta fotografías e reproducións das súas obras máis significativas de todo este período.
____
Editorial: Alvarellos Idioma: Galego
Show More
EUGENIO GRANELL: REGRESO DE UN SURREALISTA EXILIADO