20% OFF shipping at okunadegoodman.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
okunadegoodman.com
home > A TRAIZÓN > A TRAIZÓN
download picture
A TRAIZÓNA traizn arranca en 1869, na cidade de Bergen, onde das familias se renen para celebrar a voda entre o experimentado capitn Adolph Riber e Aurora Ingstad, Ory, unha moza de dezasete anos, case catorce menos ca el. A partir de entn, as desavinzas da parella non farn senn agudizarse, mentres a historia avanza, sometida a unha guerra conxugal con momentos de gran virulencia (sobre todo dialctica), coa diseccin sutil do sistema social en voga, a mido
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

 A traizón arranca en 1869, na cidade de Bergen, onde dúas familias se reúnen para celebrar a voda entre o experimentado capitán Adolph Riber e Aurora Ingstad, Ory, unha moza de dezasete anos, case catorce menos ca el. A partir de entón, as desavinzas da parella non farán senón agudizarse, mentres a historia avanza, sometida a unha guerra conxugal con momentos de gran virulencia (sobre todo dialéctica), coa disección sutil do sistema social en voga, a miúdo mediante diálogos enxeñosos, xiros de guión inesperados e un hábil emprego da corrente de conciencia.

No sistema literario de orixe, esta novela está considerada como un dos grandes clásicos do rupturismo moderno escandinavo, un movemento de corte realista e analítico. Cómpre así mesmo prestarlle atención á descrición da vida a bordo dun mercante noruegués (que a autora coñecía á perfección), outro dos grandes atractivos dunha obra a todas luces singular, nunca antes traducida a ningunha lingua ibérica.

Cal é a traizón? Quen a cometeu? De onde parte? Chega a superarse? Celos, incomprensión, rexeitamento, disparidade sexual e afectiva, confianza, fe… son elementos que suman para facer desta peza un nexo inescusable entre a Casa de bonecas (1879) de Henrik Ibsen e grandes novelas europeas posteriores tales como Il disprezzo (1954), de Alberto Moravia.

 A cuestión lingüística na novela A traizón
26 decembro, 2023/en blog
En 2021, Det Danske Sprog- og Litteraturselskab, institución financiada polo Ministerio de Cultura de Dinamarca que se encarga de documentar a literatura en lingua dinamarquesa e velar por ela, incorporou ao seu fondo de clásicos unha edición moderna da novela A traizón. O tal fondo non é senón unha colección específica conformada por máis dun cento de títulos, dende obras fundacionais do século XVII até pezas contemporáneas das últimas décadas. Se incorporaron esta novela ao seu rico fondo de literatura nacional, é porque entenden que non hai dúbidas de que a obra, publicada en Copenhague en 1892, se escribiu (ou acaso publicou) en dinamarqués; tamén, se callar, porque a escritora, que na segunda metade da súa vida se mostrou desencantada coa súa patria (Noruega), chegou a pedir que no epitafio a vindicasen como «cidadá, súbdita e autora dinamarquesa». O curioso é que boa parte desta explicación tamén podería argumentarse á inversa, unha vez que Det norske språk- og litteraturselskap, en funcionamento dende 1953, tamén conta cunha entrada de seu para A traizón.

Sexa como for, soster que esta obra se adscribe á literatura norueguesa tampouco non sería incorrecto, posto que en vida de Amalie Skram (Bergen, 1846-Copenhague, 1905) a multiplicidade de dialectos noruegueses non se englobaban baixo o paraugas protector dunha normativa formal, dando lugar a que, na escrita, primase o emprego dunha koiné dano-norueguesa; esta, nas altas esferas e a nivel literario, tornaba nos máis dos casos nun dinamarqués estándar, chapicado con xiros e léxico local. Cómpre ter en conta que o riksmål, a variante norueguesa do dinamarqués de tendencia conservadora, fraguaría –e só dun modo embrionario– en 1897, e non contaría cunha primeira ortografía oficial até unha década máis tarde, en 1907. Neste sentido, houbo que agardar até 1929 para que ese primeiro estándar nacional experimentase unha reformulación máis profunda e, en consecuencia, acabase adoptando a denominación bokmål (noruegués de libro ou lingua dos libros), que é, con moito, a grafía maioritaria na actualidade fronte á outra posible e igualmente oficial, nynorsk (novo noruegués). Por certo, no Storting, o órgano lexislativo nacional con sede en Oslo, o bokmål impúxose por un único voto fronte á designación alternativa: dano-noruegués. Baste recordar que durante o longo período previo, que abrangue de 1537 (coa fixación do dinamarqués elaborado durante a Reforma, con numerosos trazos do dialecto da capital, Copenhague) a 1814 (coa separación de ambos os reinos), os escritores ao norte e ao sur do estreito de Skagerrak formaban parte dun mesmo sistema literario, na actualidade estudado como literatura común dano-norueguesa.

A Biblioteca Nacional de Noruega ofrece a día de hoxe o texto completo dixitalizado da edición orixinal de 1892, impulsada por Græbes bogtrykkeri e distribuída por J. H. Schubother Boghandel, e en paralelo achega amplos fragmentos trasladados á actual norma. É revelador que en ningún momento estes se cualifiquen como traducións, senón, literalmente, como «modernizacións lingüísticas». De feito, a tradución ao inglés da obra que encargou o Departamento de Estudos Escandinavos da Universidade de Londres asegura estar feita na combinación noruegués-inglés e non dinamarqués-inglés. É máis, é posible que parta da edición «modernizada» e non da orixinal, habida conta de que no epílogo se achega unha explicación tradutolóxica relacionada co termo salong (en dinamarqués carecería dese g final), que designa unha das estancias (o salón, pero máis co sentido de ástrago ou vestíbulo) nas que se dividía o camarote dun capitán de barco nos mercantes da época.

Sempre coas debidas cautelas, a nosa tradución segue de maneira fiel a edición orixinal de 1892. Sendo así, no catálogo da páxina web, onde é posible filtrar as obras segundo a lingua de orixe, o acceso á ficha de A traizón realízase a través do dinamarqués.

_____

Editorial: Hugin e Munin 12-2023
Idioma: Galego
Páxinas: 160
LITERATURA DO MAR

A TRAIZÓN

Item no : 98685835152
sold recently : Login >>
US$ 18.36
Pay in 4 interest-free payments of $4.59 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 25 - Jun 30

Enjoy 20% off shipping

US$ 18.36

1-11

US$ 16.52

12-35

US$ 12.85

36-59

US$ 11.02

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches