20% OFF shipping at okunadegoodman.com on orders over $79 + up to 10% OFF products
okunadegoodman.com
home > EL > EL
download picture
ELRescatar El, de Louise Colet, supn sacar do esquecemento unha escritora prolfica reducida ao papel de musa e vtima da misoxinia da poca. Publicada en 1859, e un ano despois en volume, a obra contou cun grande xito, por vir asinada pola amante de Flaubert e por ser un relato en clave cunha visin diferente da recollida ese mesmo ano por George Sand en Elle et lui recreacin da sa relacin con Alfred de Musset e por Paul de Musset en Lui et elle, unha
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Rescatar El, de Louise Colet, supón sacar do esquecemento unha escritora prolífica reducida ao papel de musa e vítima da misoxinia da época. Publicada en 1859, e un ano despois en volume, a obra contou cun grande éxito, por vir asinada pola amante de Flaubert e por ser un relato en clave cunha visión diferente da recollida ese mesmo ano por George Sand en Elle et lui –recreación da súa relación con Alfred de Musset– e por Paul de Musset en Lui et elle, unha defensa irada da figura de Musset por parte do seu irmán.

A marquesa Stéphanie de Rostan, dous anos despois da morte do famoso poeta Albert de Lincel, rememora o tempo que compartiu con el. Viúva e nai dun neno, gaña a vida escribindo e traducindo, ante a indiferenza do seu amante Léonce, un escritor solitario que vive retirado e co que mantén unha prolífica comunicación epistolar. Léonce anímaa nas cartas a coñecer a Albert, alcohólico, enfermo e amargado, e este cóntalle a súa desventurada historia de amor coa tamén escritora Antonia Back, que o arrastrou á miseria e a unha vida de excesos.

Colet combina a narración da marquesa co relato inserido na voz do poeta, o cal lle serve para analizar a psicoloxía de homes e mulleres, e concluír a incompatibilidade que resulta das súas diferenzas intelectuais e sensuais. Seguindo as tendencias na época, a novela mestura a trama romántica co desexo de arranxar contas persoais, e constitúe unha mostra anticipada da literatura do eu e a posta en práctica do criterio da sinceridade na arte defendido pola autora.

Louise Révoil de Servannes naceu en Aix-en-Provence en 1810. Á morte do pai, instálase cuns parentes en Servanes, onde castelo, ruínas e paisaxe inflúen na eclosión da súa sensibilidade poética. Aos 25 anos, casa co músico Hippolyte Colet –do que se separa en 1847– e marcha a París. A súa relación amorosa con Flaubert, que se prolongou máis de nove anos, aínda que de xeito descontinuo, reduciuna a ocupar o papel de musa. Porén, foi unha escritora prolífica que cultivou todos os xéneros e frecuentou os persoeiros máis destacados da época, grazas ao salón que mantivo.

Na súa produción poética cultiva dende a elexía íntima até o contido social, en volumes como Fleurs du midi (1836), Penserosa (1839), Le Monument de Molière (1843) ou L’Acropole d’Athènes (1854). Na narrativa, salientan as súas novelas, en parte autobiográficas, Une Histoire de soldat (1856) e Un drame dans la rue de Rivoli (1857); así como relatos (Les Cœurs brisés, 1843), estudos de costumes (Les derniers marquis, 1866); narracións de viaxes (Les Pays lumineux, 1879). Foi así mesmo biógrafa de Goethe, Napoleón, Mirabeau, Madame du Châtelet ou Klementyna Hoffmanowa. Practicou o ensaio sociolóxico e histórico (L’Italie des Italiens, 1862), a pescuda política (La Vérité sur l’anarchie des esprits en France, 1873). No eido da tradución, destaca o seu labor como tradutora de Shakespeare; no da edición, os volumes coas cartas de Béranger e coas de Benjamin Constant a Madame Récamier. En Mémentos relata a loita para vivir de forma independente e tratar de acadar recoñecemento no mundo masculino das letras.

Viaxeira, culta, comprometida, feminista, republicana e anticlerical, morre en 1876, na miseria, esquecida por aqueles que anos antes frecuentaban o seu salón e buscaban os seus favores.

OPINIÓN

Novo froito do encomiable labor de Hugin e Munin por traer ao galego clásicos escritos por mulleres, neste caso, un dos libros que no seu tempo foron máis polémicos, primeiro pola relación que a autora mantivera coa gran pluma das letras francesas, Gustav Flaubert, e polo que tiña de axuste de contas esta obra, na que as personalidades reais se camuflan en nomes ficticios, mais doadamente recoñecibles para os seus contemporáneos. O meu consello é ler esta novela sen morbo ningún, interesándonos polo que de testemuño ten unha obra publicada orixinalmente no 1859 e que, curiosamente, conecta con tendencias actuais relativas á presenza do eu na ficción e ao desenvolvemento emocional desde unha óptica feminina.

César Lorenzo Gil. Biosbardia
_____

Editorial: Hugin e Munin 12-2023
Idioma: Galego

EL

Item no : 75269447592
sold recently : Login >>
US$ 20.73
Pay in 4 interest-free payments of $5.18 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 25 - Jun 30

Enjoy 20% off shipping

US$ 20.73

1-11

US$ 18.66

12-35

US$ 14.51

36-59

US$ 12.44

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Coravin 3+
Coravin 3+

US$ 3995.00

Min. order: 1 piece

4.1 (40 reviews)

Sold : Login>>

Related Searches